venres, 25 de outubro de 2024

Knolling literario (I): O misterio do torque de Burela, de Antía Yáñez. Realizado por Eva Miguélez González

 

Nesta nova sección denominada Knolling literario a primeira alumna en achegar o seu comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foi Eva Miguélez González, 2º ESO C, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) quen nos achega un Knolling literario da novela O misterio do torque de Burela, de Antía Yáñez (col. Árbore. Galaxia, 2019).

 

mércores, 9 de outubro de 2024

Book tráiler (III): Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira. Realizado por Lucas Noya Pereira

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2020). Realización youtubeira: Lucas Noya Pereira, 3º ESO B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)


 

luns, 7 de outubro de 2024

Book tráiler (II): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Realizado por Irene Mareque Carrillo

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Irene Mareque Carrillo, 3º ESO B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)


 

Book tráiler (I): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Realizado por Lara Vázquez Blanco

 

«Entendemos por booktrailer no contexto escolar, que é o que nos ocupa, un vídeo elaborado por estudantes de Secundaria (ou de Primaria), a partir da lectura dun libro de ficción. A finalidade da curtametraxe é convencer os iguais de que paga a pena ler o libro en cuestión. Hai implícitas, polo tanto, como quedará patente máis adiante, as ideas de lectura (e interpretación, con toda a súa ambigüidade), de elaboración conxunta (polo volume de traballo que supón) e, por último de significatividade.» ( Tradución dun fragmento do texto Booktrailers en el aula: una mirada diferente a la lectura, Joan Bustos, revistababar.com)

Neste curso 2024/2025 inauguramos a bitácora LIBROS DO ABADE. O andel de lecturas de Lingua e Literatura Galega do IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde o alumnado da ESO e do Bacharelato, de maneira voluntaria, realizará breves Book Tráilers sobre as súas lecturas para a materia. 

Nesta sección denominada Book tráilers a primeira alumna en achegar o seu comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foi Lara Vázquez Blanco, 3º ESO B, quen nos achega o Book tráiler da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012).


 

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...