domingo, 1 de marzo de 2026

Fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, de Cantares gallegos, nas voces de Claudia Dorelle Albela e Iria Otero Mareque

 

Claudia Dorelle Albela (1º BACH A) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, de Cantares gallegos, na súa propia voz e na de Iria Otero Mareque. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Parte IV do poema “A gaita gallega”, de Cantares gallegos, na voz de Iria Otero Mareque

 

Claudia Dorelle Albela (1º BACH A) achéganos a gravación da parte IV do poema “A gaita gallega”, de Cantares gallegos, na voz de Iria Otero Mareque. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 IV.

Probe Galicia, non debes
Chamarte nunca española.
Qu' España de ti s' olvida
Cando eres ay! tan hermosa.
Cal si na infamia naceras
Torpe, de ti s' avergonza,
Y á nay qu' un fillo despreça
Nay sin coraçon se noma.
Naide por que te levantes
Ch' alarga á man bondadosa.
Naide os teus prantos enxuga,
Y homilde choras e choras.
Galicia, ti non tés patria,
Ti vives no mundo soya,
Y á prole fecunda tua
S' espalla en errantes hordas,
Mentras trist' e solitaria
Tendida na verde alfombra
O mar esperanzas pides
De Dios á esperanza imploras.
Por eso anqu' en son de festa
Alegre á gaitiña s' oya
Eu podo decirche
Non canta que chora.

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Alejandra Carreira Devesa

 

Alejandra Carreira Devesa (1º BACH B) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 


            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

            Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

            E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

            ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Alejandra Carreira Devesa

 

Alejandra Carreira Devesa (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.


Ay! No meu corazonciño,

Xa non pode haber contento,

Qu’está de dolor ferido,

Qu’está de loito cuberto.

 

Morreu aquel qu’eu quería,

E, para min, n’hai consuelo,

Sólo hai para min, Castilla,

A mala lei que che teño.

 

Premita Dios, castellanos,

Castellanos que aborreso,

Que antes os gallegos morran,

Que ir a pedirvos sustento.

 

Póis tan mal corazon tendes

Secos fillos do deserto,

Que si amargo pan vos ganan

Dádesllo envolto en veneno. 

(...) 

“A xusticia pola man”, de Follas Novas, na voz de Catalina Santos Silva

 

Icía Mouriño Viqueira (1º BACH A) achéganos a gravación de “A xusticia pola man”, de Follas Novas, na voz de Catalina Santos Silva. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 A xusticia pola man

Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

 

Fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na voz de Julia Bello Gómez

 

Icía Mouriño Viqueira (1º BACH A) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na voz de Julia Bello Gómez. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

 (...)

Adios, adios que me vou,

Herbiñas do camposanto,

Donde meu pay s' enterrou,

Herbiñas que biquey tanto,

Terriña que vos criou.

 (...) 

“Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de Mariló Pais (47 anos)

 

Tomás Martínez Pais (3º ESO C) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de Mariló Pais (47 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...