(Nas
imaxes reproducimos a acta do xurado e fotografías
da entrega, na primeira todas tres premiadas na categoría xuvenil coa escritora Charo Golmar) (Fonte: A.
C. Mestre Gacio)
Claudia
Carreira Devesa,
alumna de 2º
da ESO no IES
Lamas de Abade
e Jimena
Martínez Fernández,
alumna
de
3º da ESO,
veñen de ser galardoadas
co 2º
e o
3º
premio, respectivamente, da categoría B (Xuvenil) no IX
Certame Literario convocado pola Asociación
Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón) e no que
todas narracións tiñan que inspirarse no mítico Pico Sacro.
Claudia
presentou o relato titulado Xande,
mentres que
Jimena
titulouno Mulleres
sagradas nun lugar sagrado.
Velaquí a Acta
do xurado:
-ACTA-
Sendo
as 15 horas do 13 de Nadal de 2024, o xurado do IX Certame de
narración breve Mestre Manuel Gacio, acorda:
Categoría
A:
1º
Premio: Voar libre, paxaro de Fátima de la Iglesia
Lobato.
2º
Premio: A rúa da raíña Lupa de Mauro Requeijo Álvarez.
3º
Premio: Nico e a cova de Marcos Constela López.
Categoría
B:
1º
Premio: Epidemia mitolóxica de Adriana González Leira.
2º
Premio: Xande de Claudia Carreira Devesa.
3º
premio: Mulleres sagradas nun lugar sagrado de Jimena
Martínez Fernández.
O
xurado valorou a numerosa participación, así como a alta calidade
dos textos presentados e orixinalidade.
Destacar
o coñecemento do Pico Sacro por parte das autoras e autores, así
como a paixón narrativa e a riqueza de vocabulario.
O
Pico Sacro segue a xerar talentos para a nosa literatura, sendo unha
referencia literaria de primeira índole para as novas xeracións.
O
xurado:
Yolanda
Vázquez Fernando González Charo Golmar
Secretaria Vogal Vogal
Os
nosos parabéns a
Claudia Carreira Devesa (2º ESO) polo 2º premio e a Jimena
Martínez Fernández (3º ESO).
E velaquí os relatos premiados:
Xande.
Por
Claudia Carreira Devesa
En
tempos pasados, cando a néboa cubría os lugares máis altos de
Galicia, o Pico Sacro non só era un lugar oculto, tamén era o fogar
dun antigo dragón. Un ser de douradas escamas, largas garras e
feroces dentes que segundo contaba a lenda tiña unha xema co poder
suficiente para facer invencible a quen a posuíra. Durante séculos
Xande, o dragón, matou a todo aquel cabaleiro, mago ou bruxa que se
lle acercara.
Lúa
unha xove guerreira estivo décadas indagando sobre Xande ata que un
día decidiu que era hora de ir a pola xema. Facía un par de anos un
terrible pobo de bárbaros arrasou as terras de Galicia nunha guerra
e Lúa sempre soñou con arranxar ese problema coa xema máxica.
Despois dunha larga semana de preparación marchou cara ao Pico Sacro
en busca de Xande. Subiu á montaña en apenas, tres días, a pesar
da néboa, grazas aos mapas que logrou conseguir. Cando chegou arriba
non tiña nin idea de que facer así que optou por berrar: - Xande,
móstrate ante min para entregarme a xema por fin!
Esa
frase era dun conto que sempre lle lía a súa nai cando era pequena.
E de súpeto abriuse unha rocha e apareceu un pasadizo secreto. Lúa
entrou con moito coidado e empuñando a súa espada. Viu unha gran
sombra e entendeu que Xande estaba detrás dela.
Non
lle entreguei a xema a ningún dos teus compañeiros, que che fai
pensar que es diferente a eles?
Eles
viñan a polo poder, pola codicia, polo recoñecemento pero eu veño
para salvar Galicia. Para que ninguén volva a pasar fame, frío e
sobre todo que nin unha soa persoa teña medo. Porque o peor de todo
é non ter claro se espertarás ao día seguinte ou se o farán os
teus amigos e familiares. Eu veño para salvar ao meu pobo, non para
salvarme a min. Eu veño a por esa xema e non penso volver coas mans
baleiras!
De
súpeto unha luz cegadora saíu da xema que tiña Xande na man e dixo
unhas palabras que se lle cravaron a Lúa no máis profundo do seu
corazón: - Tes un corazón puro de verdade, Lúa, salva o teu fogar.
E
o gran Xande, ese dragón tan temido desapareceu e a pedra preciosa
caeu ao chan. A nena correu para collela con lágrimas nos ollos e
desexou que Galicia volvese a ser coma antes. Pouco a pouco comezou a
marearse e caeu inconsciente. Ao espertar estaba na súa cama e saíu
correndo ao exterior para ver se fora un soño. Cando viu a súa
terra como antes da traxedia caeu de xeonllos e comezou a chorar como
facía tempo que non choraba.
-
Grazas Xande, prometo polo que máis quero que xamais esquecerei o
que fixeches por min.
E
esas palabras levounas o vento, pero ela sabía que serían eternas.
*
Mulleres
sagradas nun lugar sagrado.
Por
Jimena
Martínez Fernández
Esta
historia comeza cando, por casualidades da vida, quixen acampar e
rematei no interior do Pico Sacro cunha compañía xenial.
Antes
de todo vou contar un pouco sobre a miña existencia e do porqué
desta acampada. Son unha persoa moi curiosa e considérome bastante
intelixente. O problema chega cando hai que pórse a estudar e a
atender en clase. Resúltame un inferno seguir o fío dunha monxa que
estou segura de que probablemente nin ela saiba do que está a falar.
En fin, que a curiosidade, a rebeldía e o pouco interese polo
temario tradicional que hai que chapar convértenme nunha rapaza
estraña. Para min iso significa interesante, o que quere dicir que
me xunto con xente igual de “interesante” ca min. A miña mellor
amiga leva comigo desde pequena e a medida que pasaba o tempo máis
raras nos faciamos. Eu vou todo o tempo cos meus auriculares e co meu
sketchbook e Bea leva saias hippies e pendentes moi
grandes, deixa a súa melena longa e rizada ao libre movemento e
dálle igual a opinión dos demais.
Aínda
que pareza mentira no pleno século XXI seguen existindo os colexios
de monxas e non entendo como os nosos pais creron que sendo como
somos era boa idea estar aquí. De pequena aínda disimulabamos pero
é que agora dános igual e levamos varios berros ao día simplemente
por ser como somos realmente e por evolucionar dunha maneira distinta
á do resto.
O
punto importante da cuestión é que as dúas somos afeccionadas á
historia universal e amamos as mulleres feministas que se rebelaron
contra o sistema.
A
semana pasada, na clase, faláronnos da suposta lenda do Pico Sacro,
e a ver, o que se di entender, non a comprendín moito, pero saquei
as ideas principais e en verdade é un conto interesante. Como non,
xa sabemos que a historia sempre é contada polos vencedores e non
polos vencidos, e por suposto que ao final a raíña Lupa deixa todo
o pagán para converterse ao cristianismo pero, de verdade foi así?
Isto tan só é unha lenda pero, e se soubésemos a realidade dos
feitos históricos máis importantes?
Pois
ese mesmo pensamento é o desexo que teño desde que son cativa e
hoxe fíxose realidade.
Toda
aquela semana Bea e máis eu cavilamos moitísimo sobre o tema e
investigamos unha barbaridade na Internet. Onte pola tarde,
aproveitei para abrir o ordenador e descansar un pouco vendo vídeos
pero decateime dun que me chamou a atención. Resulta que ao día
seguinte, ían facer unhas xornadas de excursións informativas e
culturais ao Pico Sacro, e que pola noite farían unha representación
teatral que nos transportaría a épocas antigas, e fíxoo,
asegúrovos que o fixo.
A
Bea encantoulle a idea de saír a camiñar polo famoso monte e como
nos gustara a lenda que nos contaran no instituto decidimos probar a
ver que tal esta experiencia. O percorrido fíxosenos bastante curto,
porque xa o fixeramos un millón de veces, e a iso das 7 da tarde
comezou o ritual teatral.
Puxeron
unhas dez cadeiras na cima e outorgáronnos unhas campaíñas
pequenas que resultaron ser unhas miniaturas das campás da catedral,
algo ao que eu non lle dei moita importancia porque pensaba que eran
como merchandising. O espectáculo non foi nada doutro mundo e
a iso das 11 da noite xa estabamos todos en cadansúa tenda de
campaña practicamente durmidos, pero algo raro ocorreu. Xa nos
advertiran que estabamos no aire libre e que nos acostumásemos a
escoitar ruídos pola noite, pero aínda así, se pasaba algunha
urxencia había que achegarse ata o centro do cumio e facer soar as
campaíñas para que se decatasen de que tiñamos un problema.
Entón,
prosigo. Bea leva lentes, e andando polo traxecto ata a nosa tenda
caéronselle. Cando ía recollelas do chan, mancouse contra unhas
rochas. Doíalle bastante o brazo e pensamos que se lle pediamos unha
pastilla para a dor aos guías e mañá xa iamos ao hospital estaría
solucionado, entón fomos facer o protocolo de emerxencia.
Chegamos
ao cumio central e sentimos unha especie de presenza paranormal.
Deixámolo ir porque imaxinamos que tan só era algo relacionado con
iso de que era un centro magnético, pero estaba claro que non era
iso. En canto fixen vibrar o badalo da campá todo se puxo a dar
voltas e dalgunha forma aparecemos nas covas subterráneas do Pico
nunha especie de alxubes. O lado bo da historia eran as persoas que
estaban alí.
Mulleres
importantísimas para a historia como Ada Lovelace, Emilia Pardo
Bazán, Jane Austen, a princesa Diana de Gales… Era o noso soño
dende pequenas! Por fin poderíamos preguntarlles a verdade, eran
reais!
Explicáronos
que estaban atrapadas no tempo nestes calabozos, e a curiosidade
sobre Santiago, dunha maneira ou outra fíxolles investigar e facer
soar as campaíñas da catedral que reclamaban o mausoleo do
Apóstolo. Ata que non atopasen a saída non ían poder regresar ao
seu tempo.
Esa
era a nosa misión, saber en que ano estabamos, atopar a saída e
principiar unha conversa coas mellores mulleres da historia.