xoves, 20 de febreiro de 2025

“¡Adiante!”, de Follas Novas, nas voces de Noemí Cardama Pereira e de Alicia (7 anos)

 

Noemí Cardama Pereira (1º BACH B) achéganos a gravación de “¡Adiante!”, de Follas Novas, na súa propia voz e na de Alicia (7 anos) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 


            ¡Adiante!

            N’o escuro pavoroso
Y antr’o xordo romor d’os pinos bravos
Qu’a tempestá azoutaba com’a escravos,
Oyeuse, como queixa de raposo
	Un asubio medoso.

    E un layo de temor que daba frio,
	Ô medoso asubio,
Respondeu dend’o fondo d’a espesura
Aumentando n’o espiritu a tristura
Que daba o ronco marmurar d’o rio. 
Antr’as negras ribeiras manso e lento,
Como corre o abatido pensamento. 
Antr’os tristes remorsos y a esperanza,
            Iña á compás do vento
Correndo tras d’a estensa lontananza.

    Mais cabe d’ancha orela,
Misterioso e agachado un centinela,
N’un-ha lancha d’o Miño apousentaba;
Y a arma n’a man y en vela
Á través d’a ramaxen axexaba.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...