xoves, 20 de febreiro de 2025

“Amigos vellos”, de Follas Novas, na voz de Hugo Cabo Porto

 

Hugo Cabo Porto (1º BACH A) achéganos a gravación de “Amigos vellos”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

 

            Amigos vellos

 

Cand'antr'as naves tristes e frias

            D'alto mural,

Cal elas fria, cal elas triste,

Ô ser d'a tarde vou á rezar,

Que pensamentos loucos e estraños

A miña mente, veñen e van.

            _______

Xordo silencio qu'eu xa conoço

Qu'é meu amigo d'anos atrás

Pero qu'é cheo d'outras lembranzas,

Per'ond'o esprito parez que escoita

            Eco mortal,

Reina n'os ámbitos d'a gran basílica,

Con misteriosa serenidad.

            _______

Incertas sombras rayos tembrosos,

            Cabo d'o altar,

Pousan, vaguean, foxen y agrándanse

            D'adiante atrás.

Y ó Santo Apóstol sempre sentado

            No seu sitial

De prata e ouro, contempra inmóvil

Con ollos fixos, canto ali está.

            _______

Quen fora pedra, quen fora santo

            D'os qu'ali hai

Coma San Pedro, n'as mans as chaves

C'ô dedo en alto como San Xoan,

Un-has tras outras xeneracioes

            Vira pasar

Sin medo â vida que dá tormentos

Sin medo â morte qu'espanto dá.

            _______

Logo s'acaba d'a vida á triste

            Pelerinax.

Os homes pasan, tal como pasa

            Nube de bran.

Y as pedras quedan... e cand'eu morra

            Ti, catredal,

Ti, parda mole, pesada e triste

Cand'eu non sea, t'inda serás!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...