luns, 24 de febreiro de 2025

“Aquel romor de cántigas e risas ...”, de Follas Novas, na voz de Pilar Blanco

 

Lara Vázquez Blanco (3º ESO B) achéganos a gravación de “Aquel romor de cántigas e risas ...”, de Follas Novas, na voz de súa nai Pilar Blanco. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Aquel romor de cántigas e risas,
Ir, vir, algarear;
Aquel falar de cousas que pasaron
Y outras que pasarán;
Aquela, en fin, vitalidade inquieta
Xuvenil, tanto mal
Me fixo, que lles dixen:
Ivos e non volvás.


Un a un desfilaron silenciosos
Por aquí, por alá,
Tal como as contas dun rosario
Se espallan polo chan.
I o romor dos seus pasos, mentres se iñan,
De tal modo hastra min veu resoar,
Que non máis tristemente
Resoará quisais
No fondo dos sepulcros
O último adiós que un vivo ós mortos dá.
I ó fin soia quedei, pero tan soia
Que hoxe da mosca o inquieto revoar,
Do ratiño o roer terco e constante,
E do lume o chis chas,
Cando da verde pónla
O fresco sugo devorando vai,
Parece que me falan, que os entendo,
Que compaña me fan;
I este meu corazón lles di tembrando:
¡Por Dios...!, ¡Non vos vaiás!

¡Que dóce, máis que triste
Tamén é a soledad!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...