xoves, 27 de febreiro de 2025

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, nas voces de Emma Rojas Amosa e de Cayetana Rey Dourado

 

Emma Rojas Amosa (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na súa voz e na de Cayetana Rey Dourado. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro. 

(...) 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...