venres, 28 de febreiro de 2025

Fragmento de “Como chove mihudiño”, de Cantares Gallegos, na voz de María Moure (35 anos)

 

Rita Doce Ramos (3º ESO A) achéganos a gravación dun fragmento de “Como chove mihudiño”, de Cantares Gallegos, na voz de súa madriña María Moure (35 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

 #_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Como chove mihudiño,
Como mihudiño chove,
Como chove mihudiño,
Pó-la banda de Laiño,
Pó-la banda de Lestrobe.

Com' a triste branca nube
Truba ó sol qu' inquieto aluma,
Cal ó crube y ó descrube,
Pasa, torna, volve, e sube,
Enrisada branca pruma.

Xa dempois lonx' espallada
Pó-los aires fuxitivos
Desteñida, sombrisada,
Nos espaços desatada
Cae brillando en rayos vivos.

Misteriosa regadeira
Fin' orballo nó chán pousa
Con feitiña curbadeira,
Remollando na ribeira
Frol por frol, chousa por chousa.

Semellando leve gasa
Que sotil ó vento move,
En frotantes ondas pasa
Refrescando canto abrasa
O qu' ó sol ardente crobe.

Como chove mihudiño
Pó-las veigas de Campaña!...
Cal s' enxugan de camiño
Os herbales de Laiño...
Com' á Ponte en sol se baña!

Como chove mihudiño,
Como mihudiño chove,
Como chove mihudiño,
Pó-la banda de Laiño,
Pó-la banda de Lestrobe.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...