mércores, 26 de febreiro de 2025

Parte IV de “Vaguedás”, de Follas Novas, na voz de Antonio González Grobeiro

 

Lucas Noya Pereira (3º ESO B) achéganos a gravación da parte IV de “Vaguedás”, de Follas Novas, na voz de Antonio González Grobeiro. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

IV
Diredes d'estos versos, y é verdade,
Que tên estrana insólita armonía,
Que n'eles as ideas brilan pálidas
Cal errantes muxícas
Qu'estalan por instantes
Que desparecen xiña,
Que s'asomellan â parruma incerta
Que voltexa n'o fondo d'as curtiñas,
Y ó susurro monótono d'os pinos
D'a veira-mar bravía.

Eu direivos tan sô, qu'os meus cantares
Asi sân en confuso d'alma miña,
Como sai d'as profundas carballeiras
Ô comezar d'o dia,
Romor que non se sabe
S'é rebuldar d'as brisas,
Si son beixos d'as frores,
S'agrestes, misteirosas armonías
Que n'este mundo triste
O camiño d'o ceu buscan perdidas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...