venres, 21 de febreiro de 2025

Primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na voz de Silvia Tejo Fernández

 

Silvia Tejo Fernández (1º BAHC B) achéganos a gravación de primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.


Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.


Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.


Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.


Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!


Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Mais son prob' e mal pecado,

A miña terra n' é miña,

Qu' hastra lle dán de prestado

A veira por que camiña

O que naceu desdichado.


Téñovos pois que deixar,

Hortiña que tanto amei,

Fogueiriña dó meu lár,

Arboriños que prantei,

Fontiña do cabañar.

Adios, adios que me vou,

Herbiñas do camposanto,

Donde meu pay s' enterrou,

Herbiñas que biquey tanto,

Terriña que vos criou.


Adios tamén, queridiña...

Adios por sempre quizais!...

Dígoch' este adios chorando

Desd' á veiriña do mar.

Non m' olvides, queridiña,

Si morro de soidás...

Tantas legoas mar adentro...

¡Miña casiña! meu lar!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...