Nicolao Bueno Candal (3º ESO A) achéganos a gravación de “Cantan os galos pr' ó dia”, de Cantares gallegos, na voz de súa nai Eva Candal Suárez (50 anos).
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia
Cantan
os galos pr' ó dia,
Erguete, meu ben, e vaite.
—
Como m' ei d' ir queridiña,
Como m' ei d' ir e
deixarte
— D' eses teus olliños negros
Como
doas relumbrantes,
Hastr' as nosas maus unidas
As vagoas
ardentes caen.
¿Como m' ei d' ir si te quero?
Como m' ei
d' ir e deixarte,
Si cá lengua me desvotas
E có coraçon
me atraes?
N' un corruncho do teu leito
Cariñosa m'
abrigaches
Có teu manso caloriño
Os frios pés me
quentastes;
E d' aqui xuntos miramos
Por antr' ó verde
ramaxe,
Cal iba correndo á lua
Por enriba dos
pinares.
¿Como queres que te deixe
Como que de ti m'
aparte,
Si mais qu' á mel eres dulce
E mais qu' as froles
soave?
— Meiguiño, meiguiño meigo,
Meigo que me
namoraste,
Baite d' onda min meiguiño
Antes qu' ó sol se
levante.
—
Ainda
dorme, queridiña,
Antr' as ondiñas do mare,
Dorme por que
m' acariñes
E por qu' amante me chames,
Que sol' onda tí,
meniña,
Pódo contento folgare.
— Xa cantan os
paxariños,
Erguete, meu ben, qu' é tarde.
— Deixa
que canten, Marica,
Marica deixa que canten...
Si tí
sintes que me vaya,
Eu relouco por quedarme.
—
Conmigo, meu queridiño,
Mitá dá noite pasaches.
—
Mais en tanto ti dormias
Contenteime con mirarte,
Qu' asi
sorrind' entre soños
Coidaba qu' eras un anxel,
E non con
tanta pureza
O pé d' un anxel velase.
— Asi te
quero, meu ben,
Com' un santo dos altares,
Mais fuxe... qu'
ó sol dourado
Por riba dos montes saye.
— Irey,
mais dame un biquiño
Antes que de tí m' aparte;
Qu' eses
labiños de rosa
Inda non sei como saben.
— Con mil
amores chó dera,
Mais teño que confesarme,
E moita
vergonza fora
Ter un pecado tan grande.
— Pois
confesate, Marica,
Que cando casar nos casen,
Non ch' an de
valer, meniña,
Nin confesores nin frades.
Adios, cariña
de rosa!
— Raparigo, Dios te garde!
Ningún comentario:
Publicar un comentario