Mario Vidal García (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na súa propia voz.
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia
Nasin
cand' as prantas nasen,
No mes das froles nasin,
Nunh'
alborada mainíña,
Nunh' alborada d' abril.
Por eso me
chaman Rosa
Mais á dó triste sorrir
Con espiñas para
todos
Sin ningunha para tí.
Dés que te quixen,
ingrato,
Tod' acabou para min,
Qu' eras tí para min
todo
Miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas,
Mauro?
De que pois te queixas, di,
Cando sabes que
morrera
Por te contemplar felis?
Duro crabo me
encrabaches
Con ese teu maldesir,
Con ese teu pedir
tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar
puden
Avariciosa de ti,
O meu corason che mando
C'
unha chave par' ó abrir,
Nin eu teño mais que
darche,
Nin ti mais que me pedir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario