mércores, 12 de marzo de 2025

Quinta parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Alejandra Gonzalo Santiago

 

Alejandra Gonzalo Santiago (3º ESO B) achéganos a gravación da quinta parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 


V.

Corre ó vento, ó rio pasa,
Corren nubes, nubes corren
Camiño da miña casa.
——
Miña casa, meu abrigo,
Vanse todos, eu me quedo,
Sin compaña, nin amigo.
——
Eu me quedo contemprando
As laradas d' ás casiñas
Por quen vivo suspirando.
——
Ven á noite... morre ó dia,
As campanas tocan lonxe
O tocar d'
Ave Maria.
——
Elas tocan pra que rece,
Eu non rezo, qu' os saloucos
Afogandome parece
Que por min tên que rezar;
Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soidades.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...