mércores, 5 de marzo de 2025

“¡Soya!”, de Follas Novas, na voz de Iago Botana Rivadulla

 

Iago Botana Rivadulla (1º BACH A) achéganos a gravación de “¡Soya!”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

¡Soya! 
Eran craro los-dias
Risoña-l'as mañâns,
Y era a tristeza sua
Negra com'a orfandá.
Iñase a amañecida
Tornaba c'o a serán...
Mais que fora ou viñera
Ninguen ll'o iña á esculcar.
Tomou un dia leve
Camiño d'o areal...
Como naide a esperaba,
Ela non tornou mais.
O cabo d'os tres dias
Botouna fora o mar,
Y ali ond'o corvo pousa,
Soya enterrad'está.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....