mércores, 8 de outubro de 2025

Book tráiler (I): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Eva Miguélez González

 

«Entendemos por booktrailer no contexto escolar, que é o que nos ocupa, un vídeo elaborado por estudantes de Secundaria (ou de Primaria), a partir da lectura dun libro de ficción. A finalidade da curtametraxe é convencer os iguais de que paga a pena ler o libro en cuestión. Hai implícitas, polo tanto, como quedará patente máis adiante, as ideas de lectura (e interpretación, con toda a súa ambigüidade), de elaboración conxunta (polo volume de traballo que supón) e, por último de significatividade.» (Tradución dun fragmento do texto Booktrailers en el aula: una mirada diferente a la lectura, Joan Bustos, revistababar.com) 

Neste curso 2025/2026 continuamos coa bitácora LIBROS DO ABADE. O andel de lecturas de Lingua e Literatura Galega do IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde o alumnado da ESO e do Bacharelato, de maneira voluntaria, realizará breves Book Tráilers sobre as súas lecturas para a materia. 

Nesta sección denominada Book tráilers a primeira alumna en achegar neste curso o seu comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foi Eva Miguélez González, 3º ESO A, quen nos achega o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Antonio Seijas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). 


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...