mércores, 18 de febreiro de 2026

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Ánxela Nogueiras Pérez

 

Noa Louro Moimenta (1º BACH A) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Ánxela Nogueiras Pérez. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.


Ay! No meu corazonciño,

Xa non pode haber contento,

Qu’está de dolor ferido,

Qu’está de loito cuberto.


Morreu aquel qu’eu quería,

E, para min, n’hai consuelo,

Sólo hai para min, Castilla,

A mala lei que che teño.

 

Premita Dios, castellanos, 

Castellanos que aborreso,

Que antes os gallegos morran,

Que ir a pedirvos sustento.

 

Póis tan mal corazon tendes

Secos fillos do deserto,

Que si amargo pan vos ganan

Dádesllo envolto en veneno.

(...) 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....