sábado, 21 de febreiro de 2026

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Marcos Alonso Pintor

 

Marcos Alonso Pintor (3º ESO C) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.

 (...) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....