Jimena García Souto (3º ESO A) achéganos a gravación dun fragmento de “Hora meu meniño, hora”, de Cantares gallegos, na voz de seu pai Daniel García (54 anos).
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia
18.
—
Hora meu meniño, hora,
Quen vos ha de dar á teta.
Si
tua nay vay no muhiño,
E teu pai ná leña seca?
Eu
chá dera, miña xoya,
Con mil amores chá dera,
Hastra
rebotar meu santo,
Hastra que mais non quixeras,
Hastra
verte dormidiño
Con esa boca tan feita,
Sorrindo todo
fartiño,
Cal ubre de vaca cheya.
Mas ay! que noite che
agarda;
Mais ay! que noite ch' espera,
Qu' anque duas
fontes teño,
Estas fontiñas non deitan.
Hora, meu meniño,
hora,
Canto chorarás por ela,
Sin ter con que t'
acalente,
Sin ter con que t' adormeça,
Que soyo, soyo
quedaches
Com' un-ha ovelliña enferma,
Tremando
malpocadiño,
Com' as ovelliñas treman.
Sin cobirtor que
te cruba
Nun-has palliñas te deitan
E neve e chuvia en ti
caen
Por antr' as fendidas tellas.
E silva ó vento que
pasa
Pó las mal xuntadas pedras,
E cal coitelo afilado
No
teu corpiño se ceiba.
¡Ay! cando veña tua nay!
Ay! cando
ch' á tua nay veña!
Cal te topará meniño
Frio com' á
neve mesma;
Para chorar sin alento,
Rosiña qu' os ventos
creban...
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario