luns, 23 de febreiro de 2026

Fragmento de “Dios bendiga todo, nena”, terceiro poema de Cantares gallegos, na voz de Rodrigo Mouzo García

 

Rodrigo Mouzo García (3º ESO B) achéganos a gravación dun fragmento de “Dios bendiga todo, nena”, terceiro poema de Cantares gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

3.

—Dios bendiga todo, nena;
Rapaza, Dios te bendiga,
Xa que te dou tan grasiosa,
Xa que te dou tan feitiña,
Qu' anque andiven moitas terras,
Qu' anque andiven moitas vilas,
Coma ti non vin ningunha
Tan redonda e tan bonita.
¡Ben haya quen te pariu!
iBen haya, amen, quen te cria!

—Dios vos garde, miña vella,
Gárdevos Santa Mariña,
Qu' abofé sós falangueira,
Falangueira e ben cumprida.

—Meniña, por ben falada
Ningunha se perderia,
Cóllens' antr' os paxariños
Aqueles que mellor trian,
Morre afogado antr' as pallas
O pitiño que non chia.

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....