xoves, 26 de febreiro de 2026

Fragmento do poema “O toque d'alba”, de Follas Novas, na voz de Iago Caamaño Marzoa

 

Andrea Caamaño Marzoa (3º ESO B) achéganos a gravación dun fragmento do poema “O toque d'alba”, de Follas Novas, na voz de seu irmán Iago. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

O toque d'alba


D’a Catredal campana

Grave, triste e sonora,

Cand’ô rayar d’o dia

O toque d’alba tocas,

N’o espazo silencioso

Soando malencónica;

As tuas bataladas

Non sei que despertares me recordan.

Foron alguns tan puros

Coma o fulgor d’aurora,

Outros cal a esperanza

Qu’o namorado soña,

Y â derradeira inquietos,

Mitá luz, mitá sombras,

Mitá un pracer sin nome,

E mitá un-ha sorpresa aterradora.

(...) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....