sábado, 21 de febreiro de 2026

Primeira parte de “Eu ben vin estar ó moucho”, de Cantares Gallegos, na voz de Félix Grandal Lamelas

 

Félix Grandal Lamelas (3º ESO A) achéganos a gravación da primeira parte de “Eu ben vin estar ó moucho”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Eu ben vin estar ó moucho
Enriba d' aquel penedo:
¡Non che teño medo moucho,
Moucho non che teño medo!


                     I.

Un-ha noite, noite negra,
Com' os pesares qu' eu teño,
Noite filla das sombrisas
Alas que estenden os medos;
Hora en que cantan os galos,
Hora en que xemen os ventos,
En qu' as meigas bailan, bailan,
Xuntas có demo pirmeiro,
Arrincando verdes robres,
Portas e tellas fendendo,
Todas de branco vestidas
Tendidolos brancos pelos
Contra quen os cans oubean
Agoirando triste enterro;
Cando relumbrar se miran
Antr' os toxales espesos,
Cal encendidas candeas
Ollos de lobo famento,
E os ramallaxes dos montes
Antre sí murmuxan quedos,
E as follas secas qu' espallan
Os aires da noite inquietos,
En remuiños se xuntan
Con longo estremecemento;
Indo camiño da Igrexa,
Soya cós meus pensamentos
Cabo da fonte da Virxe
Pretiño dó cimeterio,
Dempois de sentir un sopro
Que me deixou sin alento,
Eu ben vin estar ó moucho
Enriba d' aquel penedo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....