venres, 6 de febreiro de 2026

Primeira parte do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na voz de María Mato Salgueiro

 

María Mato Salgueiro (1º BACH B) achéganos a gravación da primeira parte do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

             1.


       As de cantar
      Que ch' ei de dar zonchos;
      As de cantar
      Que ch' ei de dar moitos.

               I.

      «As de cantar
Meniña gaiteira,
As de cantar
Que me morro de pena

      Canta meniña
Na veira da fonte,
Canta dareiche
Boliños do pote.

      Canta meniña
Con brando compas,

Dareich' unha proya
Da pedra do lar.

     Papiñas con leite
Tamén che darei,
Sopiñas con viño,
Torrexas con mel.

     Patacas asadas
Con sal é vinagre,
Que saben á noces.
¡Que ricas que saben!

     ¡Que feira, rapaza,
Si cantas faremos!...
Festiña por fora,
Festiña por dentro.

     Canta si queres,
Rapaza do demo
Canta si queres.
Dareich' un mantelo.

     Canta si queres
Na lengua qu'eu falo,
Dareich' un mantelo.
Dareich' un refaixo.

     Có son da gaitiña.
Có son da pandeira,
Che pido que cantes.
Rapaza morena.

      Có son da gaitiña,
Có son do tambor,
Che pido que cantes
Meniña por Dios.»

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...