Mencía Angueira Rico (1º BACH B) achéganos a gravación da primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na súa propia voz.
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia
Campanas
de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome
de soídades.
I.
Cando vos oyo
tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á
chorar.
——
Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por
min chamades,
E das entrañas me doyo.
——
Dóyome
de dor ferida,
Qu' antes tiña vida enteira,
Y oxe teño
media vida.
——
Solo media me deixaron
Os que d'
aló me trouxeron,
Os que d' aló me roubaron.
——
Non
me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay!
uns toliños amores.
——
Qu' os amores xa fuxiron,
As
soidades viñeron...
De pena me consumiron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario