xoves, 26 de febreiro de 2026

Primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos,, na voz de Tamara Rey Mourullo (36 anos)

 

Isabel Mourullo Sanjurjo (3º ESO A) achéganos a gravación da primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de súa curmá Tamara Rey Mourullo (36 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.

I.

Cando vos oyo tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á chorar.
——
Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doyo.
——
Dóyome de dor ferida,
Qu' antes tiña vida enteira,
Y oxe teño media vida.
——
Solo media me deixaron
Os que d' aló me trouxeron,
Os que d' aló me roubaron.
——
Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.
——
Qu' os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....