luns, 9 de febreiro de 2026

Primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Josefina Antelo Ferro (85 anos)

 

Martiño de la Fuente Viqueira (3º ESO C) achéganos a gravación da primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de súa avoa Josefina Antelo Ferro (85 anos) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 


Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.

I.

Cando vos oyo tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á chorar.
——
Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doyo.
——
Dóyome de dor ferida,
Qu' antes tiña vida enteira,
Y oxe teño media vida.
——
Solo media me deixaron
Os que d' aló me trouxeron,
Os que d' aló me roubaron.
——
Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.
——
Qu' os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...