mércores, 4 de febreiro de 2026

Quinta parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Lucía Varela Díaz

 

Lucía Varela Díaz (3º ESO A) achéganos a gravación da quinta parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

V.

Corre ó vento, ó río pasa;

Corren nubes, nubes corren

Camiño da miña casa.

——

Miña casa, meu abrigo:

Vanse todos, eu me quedo

Sin compaña, nin amigo.

——

Eu me quedo contemprando

As laradas d’ás casiñas

Por quen vivo suspirando.

——

Ven á noite..., morre ó día,

As campanas tocan lonxe

O tocar d’ Ave María.

——

Elas tocan pra que rece;

eu non rezo, qu’ os saloucos,

afogándome parece

que por min tên que rezar.

——

Campanas de Bastabales,

Cando vos oyo tocar,

Mórrome de soidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...