mércores, 25 de febreiro de 2026

Terceira parte de “Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?”, de Follas Novas, na voz de Paula Castro Vázquez

 

Paula Castro Vázquez (3º ESO B) achéganos a gravación da terceira parte de “Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?


Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?
Pero quisais moy logo,
Viranme á despertar, y en vez d' un vivo,
Atoparán un morto.

O rededor de min, levantaranse
Xemidos dolorosos,
Ayes d'angustia, choros d'os meus fillos,
D'os meus filliños orfos.

Y eu sin calor, sin movemento, fria,
Muda, insensibre á todo,
Así estarei cal me deixare á morte
O helarme c'o seu sopro.

E para sempre ¡Adios, cant'eu queria!
¡Que terrible abandono!
Antre cantos sarcasmos,
Hay, ha d'haber, e houvo,
Non vin ningun qu'abata mais os vivos,
Qu'ó d'a humilde quietú d'un corpo morto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....