mércores, 4 de febreiro de 2026

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Daniel Miguélez López (50 anos)

 

Eva Miguélez González (3º ESO A) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de seu pai Daniel Miguélez López (50 anos) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

             Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

            E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

            ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...