domingo, 1 de marzo de 2026

Fragmento de “Nosa Señora da Barca”, de Cantares gallegos, na voz de Andrea Caamaño Marzoa

 

Iago Caamaño Marzoa (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Nosa Señora da Barca”, de Cantares gallegos, na voz de súa irmá Andrea. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

(...)

Bendita á Virxe da Barca,
Bendita por sempre sea!
Miña Virxe milagrosa,
En quen tantos se recrean!
Todos van por visitala,
Todos ali van por vela
Na sua barca dourada,
Na sua barca pequena,
Dond' estan dous anxeliños,
Dous anxeliños que reman.
Ali chegou milagrosa
Nun-ha embarcaçon de pedra,
Ali por que Dios ó quixo
Sempre adoradores teña.

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....