martes, 3 de marzo de 2026

Primeira parte de “¡Nin âs escuras!...”, de Follas Novas, na voz de Xoel Jubón Mogo

 

Xoel Jubón Mogo (3º ESO C) achéganos a gravación da primeira parte de “¡Nin âs escuras!...”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

¡Nin âs escuras!...

I

—Tod’está negro, as sombras envolven a vereda,

E nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua.

¡Vamos! D’o que hay oculto, ¿quen midéu as fonduras?

¡Alma n’habrá que sepa!... ¡ven!... a noit’está escura.

—¿Escura?... mais relumbra non sei que luz traidora...

—É un-ha estrela que brila, n’as auguas bulidoras.

—¿E non oyes que runxe algo ond’aquel herbal?

—É o vento que anda tolo, corrend’antr’a follax.

—Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto...

—¡S’é un vivo, matarémolo! non fala s’é difunto.

—Mais aquí ond’este cómaro, hay un-ha cova fonda,

Ven, e santos ou deños, que nos atopen ora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....