xoves, 5 de marzo de 2026

“¡Soya!”, de Follas Novas, na voz de Hugo Nebra Iglesias

 

Ángela Nebra Iglesias (1º BACH B) achéganos a gravación de “¡Soya!”, de Follas Novas, na voz de seu irmán Hugo. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

 
¡Soya! 
 
Eran craro-los dias
Risoña-l'as mañâns,
Y era a tristeza sua
Negra com'a orfandá.
Iñase a amañecida
Tornaba c'o a serán...
Mais que fora ou viñera
Ninguen ll'o iña á esculcar.
Tomou un dia leve
Camiño d'o areal...
Como naide a esperaba,
Ela non tornou mais.
O cabo d'os tres dias
Botouna fora o mar,
Y ali ond'o corvo pousa,
Soya enterrad'está.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXXII): O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas. Realizado por Iago Lago Villanueva

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O lapis do carpinteiro , de Manuel Rivas ...