luns, 24 de febreiro de 2025

“Tí, a feiticeira e branca com'as neves”, de Follas Novas, na voz de Lía Estévez Pazó

 

Lía Estévez Pazó (3º ESO A) achéganos a gravación de “Tí, a feiticeira e branca com'as neves”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

 

Tí, a feiticeira e branca com'as neves,

Y a linda, antr'as millores,

Tí, arrededor de quen, cal as abellas

A redor d'un-ha rosa, andan os homes,

(Xente qu'o mesmo acaso qu'as mulleres

E dada á toda crase de traizoes);

Non queiras enjamás, s'és queridora,

Non dones enjamás mas que che donen,

S'é que te firen, miña prenda rite,

S'é que t'engañan, meu amor, non chores.

Vé que pasou o tempo d'as Corinas

Y o mais qu'ora se sofre,

Só porque non se diga,

E rabiar cant'un pode.

—¡Rabiar no mais... dixera que mentides!

—Sí, sí, rabear ben forte;

Mas c'a rabia picante e aguilloeira

Qu'é salsa apetitosa d'as pasioes.

¿Que fora ¡ou Dios! sin os asentes feros

D'os estómagos probes?

D'os corazós d'o dia,

¿Que fora sin as rabias, meu amore?

 

Primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na voz de Rita Doce Ramos

 

Rita Doce Ramos (3º ESO A) achéganos a gravación de primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na súa propia voz.

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes


Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.


Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.


Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.


Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.


Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!


Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!


Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

“Cantan os galos pr' ó dia”, de Cantares gallegos, na voz de Manuel Maceira

 

Tomás Chao Santos (1º BACH A) achéganos a gravación de “Cantan os galos pr' ó dia”, de Cantares gallegos, na voz de Manuel Maceira. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Cantan os galos pr' ó dia,
Erguete, meu ben, e vaite.
Como m' ei d' ir queridiña,
Como m' ei d' ir e deixarte


— D' eses teus olliños negros
Como doas relumbrantes,
Hastr' as nosas maus unidas
As vagoas ardentes caen.
¿Como m' ei d' ir si te quero?
Como m' ei d' ir e deixarte,
Si cá lengua me desvotas
E có coraçon me atraes?
N' un corruncho do teu leito
Cariñosa m' abrigaches
Có teu manso caloriño
Os frios pés me quentastes;
E d' aqui xuntos miramos
Por antr' ó verde ramaxe,
Cal iba correndo á lua
Por enriba dos pinares.
¿Como queres que te deixe
Como que de ti m' aparte,
Si mais qu' á mel eres dulce
E mais qu' as froles soave?

— Meiguiño, meiguiño meigo,
Meigo que me namoraste,
Baite d' onda min meiguiño
Antes qu' ó sol se levante.

— Ainda dorme, queridiña,
Antr' as ondiñas do mare,
Dorme por que m' acariñes
E por qu' amante me chames,
Que sol' onda tí, meniña,
Pódo contento folgare.

— Xa cantan os paxariños,
Erguete, meu ben, qu' é tarde.

— Deixa que canten, Marica,
Marica deixa que canten...
Si tí sintes que me vaya,
Eu relouco por quedarme.

— Conmigo, meu queridiño,
Mitá dá noite pasaches.

— Mais en tanto ti dormias
Contenteime con mirarte,
Qu' asi sorrind' entre soños
Coidaba qu' eras un anxel,
E non con tanta pureza
O pé d' un anxel velase.

— Asi te quero, meu ben,
Com' un santo dos altares,
Mais fuxe... qu' ó sol dourado
Por riba dos montes saye.

— Irey, mais dame un biquiño
Antes que de tí m' aparte;
Qu' eses labiños de rosa
Inda non sei como saben.

— Con mil amores chó dera,
Mais teño que confesarme,
E moita vergonza fora
Ter un pecado tan grande.

— Pois confesate, Marica,
Que cando casar nos casen,
Non ch' an de valer, meniña,
Nin confesores nin frades.
Adios, cariña de rosa!

— Raparigo, Dios te garde!

 

“Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de María Pose Vila

 

Alejandra Pose Amado (3º ESO B) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de súa tía María Pose Vila (49 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.


 

IV parte do poema “A gaita gallega”, de Cantares gallegos, nas voces de Carla López Fandiño e de súa nai Mónica Fandiño Mosquera

 

Carla López Fandiño (1º BACH B) achéganos a gravación da parte IV do poema “A gaita gallega”, de Cantares gallegos, na súa propia voz e na de súa nai Mónica Fandiño Mosquera (49 anos) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

    IV.

Probe Galicia, non debes
Chamarte nunca española.
Qu' España de ti s' olvida
Cando eres ay! tan hermosa.
Cal si na infamia naceras
Torpe, de ti s' avergonza,
Y á nay qu' un fillo despreça
Nay sin coraçon se noma.
Naide por que te levantes
Ch' alarga á man bondadosa.
Naide os teus prantos enxuga,
Y homilde choras e choras.
Galicia, ti non tés patria,
Ti vives no mundo soya,
Y á prole fecunda tua
S' espalla en errantes hordas,
Mentras trist' e solitaria
Tendida na verde alfombra
O mar esperanzas pides
De Dios á esperanza imploras.
Por eso anqu' en son de festa
Alegre á gaitiña s' oya
Eu podo decirche
Non canta que chora.

 

“Aquel romor de cántigas e risas ...”, de Follas Novas, na voz de Pilar Blanco

 

Lara Vázquez Blanco (3º ESO B) achéganos a gravación de “Aquel romor de cántigas e risas ...”, de Follas Novas, na voz de súa nai Pilar Blanco. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Aquel romor de cántigas e risas,
Ir, vir, algarear;
Aquel falar de cousas que pasaron
Y outras que pasarán;
Aquela, en fin, vitalidade inquieta
Xuvenil, tanto mal
Me fixo, que lles dixen:
Ivos e non volvás.


Un a un desfilaron silenciosos
Por aquí, por alá,
Tal como as contas dun rosario
Se espallan polo chan.
I o romor dos seus pasos, mentres se iñan,
De tal modo hastra min veu resoar,
Que non máis tristemente
Resoará quisais
No fondo dos sepulcros
O último adiós que un vivo ós mortos dá.
I ó fin soia quedei, pero tan soia
Que hoxe da mosca o inquieto revoar,
Do ratiño o roer terco e constante,
E do lume o chis chas,
Cando da verde pónla
O fresco sugo devorando vai,
Parece que me falan, que os entendo,
Que compaña me fan;
I este meu corazón lles di tembrando:
¡Por Dios...!, ¡Non vos vaiás!

¡Que dóce, máis que triste
Tamén é a soledad!

 

“Fun un domingo...”, de Cantares gallegos, na voz de Pilar Blanco

 

Lara Vázquez Blanco (3º ESO B) achéganos a gravación de “Fun un domingo...”, de Cantares gallegos, na voz de súa nai Pilar Blanco. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

[Fun un domingo...]


   Fun un domingo,
fun pola tarde,
co sol que baixa
tras dos pinares,
cas nubes brancas
sombra dos ánxeles,
cas palomiñas
que as alas baten
con un batido
manso e suave,
atravesando
vagos celaxes,
mundos estraños
que en raios parten
ricos tesouros
de ouro e diamante.
Pasín os montes,
montes e valles;
pasín llanuras
e soledades;
pasín os regos,
pasín os mares
cos pes enxoitos
e sin cansarme.

   Colléume a noite,
noite brillante
cunha luniña
feita de xaspes,
e fun con ela
camiño adiante,
cas estreliñas
para guiarme,
que aquel camiño
sólo elas saben.

   Dempóis a aurora
co seu sembrante
feito de rosas
veu a alumbrarme,
e vin estonces,
antre a romaxe
de olmos e pinos,
acobexarse
branca casiña
con palomare
donde as pombiñas
entran e saien.
Nela se escoitan
doces cantares,
nela garulan
mozos galantes
cas rapaciñas
de outros lugares.
Todo é contento,
todo é folgare
mentras a pedra
bate que bate,
mole que mole,
dálle que dálle,
con lindo gusto
faille compases.

   Non hai sitiño
que máis me agrade
que aquel muíño
dos castañares,
donde hai meniñas,
donde hai rapaces
que ricamente
saben loitare;
donde rechinan
hasta cansarse
mozos e vellos,
nenos e grandes,
e, anque non queren
que aló me baixe,
sin que o soupera
na casa naide,

fun ó muiño
do meu compadre;
fun polo vento,
vin polo aire.

 

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...