luns, 2 de marzo de 2026

“Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de Iago Caamaño Marzoa

 

Olmo Costa Domínguez (1º BACH B) achéganos a gravación de “Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de Iago Caamaño Marzoa. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

 Tecin soya á miña tea,
Sembrey soya o meu nabal,
Soya vou por leña ô monte,
Soya á veẍo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El ẍa non me pousará
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hey de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas dó mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Diego Iglesias Rey

 

Olmo Costa Domínguez (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Diego Iglesias Rey. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.

(...)

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Olmo Costa Domínguez

 

Iago Caamaño Marzoa (1º BACH B) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Olmo Costa Domínguez. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 


            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

            Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

            ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Quinta parte do poema “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, nas voces de Ariana Suárez Nieves e Aroa Riveiro López

 

Diego Iglesias Rey (1º BACH A) achéganos a gravación da quinta parte do poema “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, nas voces de Ariana Suárez Nieves e Aroa Riveiro López. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

¡Pra a Habana!

V
Éste vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

“Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de Almudena Rey Abelleira

 

Diego Iglesias Rey (1º BACH A) achéganos a gravación de “Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de súa nai Almudena Rey Abelleira. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

 Tecin soya á miña tea,
Sembrey soya o meu nabal,
Soya vou por leña ô monte,
Soya á veẍo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El ẍa non me pousará
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hey de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas dó mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.

domingo, 1 de marzo de 2026

Fragmento de “Nosa Señora da Barca”, de Cantares gallegos, na voz de Andrea Caamaño Marzoa

 

Iago Caamaño Marzoa (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Nosa Señora da Barca”, de Cantares gallegos, na voz de súa irmá Andrea. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

(...)

Bendita á Virxe da Barca,
Bendita por sempre sea!
Miña Virxe milagrosa,
En quen tantos se recrean!
Todos van por visitala,
Todos ali van por vela
Na sua barca dourada,
Na sua barca pequena,
Dond' estan dous anxeliños,
Dous anxeliños que reman.
Ali chegou milagrosa
Nun-ha embarcaçon de pedra,
Ali por que Dios ó quixo
Sempre adoradores teña.

(...)

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Claudia Dorelle Albela

 

Iria Otero Mareque (1º BACH A) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Claudia Dorelle Albela. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

            Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

            ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...