mércores, 8 de outubro de 2025

Book tráiler (I): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Eva Miguélez González

 

«Entendemos por booktrailer no contexto escolar, que é o que nos ocupa, un vídeo elaborado por estudantes de Secundaria (ou de Primaria), a partir da lectura dun libro de ficción. A finalidade da curtametraxe é convencer os iguais de que paga a pena ler o libro en cuestión. Hai implícitas, polo tanto, como quedará patente máis adiante, as ideas de lectura (e interpretación, con toda a súa ambigüidade), de elaboración conxunta (polo volume de traballo que supón) e, por último de significatividade.» (Tradución dun fragmento do texto Booktrailers en el aula: una mirada diferente a la lectura, Joan Bustos, revistababar.com) 

Neste curso 2025/2026 continuamos coa bitácora LIBROS DO ABADE. O andel de lecturas de Lingua e Literatura Galega do IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde o alumnado da ESO e do Bacharelato, de maneira voluntaria, realizará breves Book Tráilers sobre as súas lecturas para a materia. 

Nesta sección denominada Book tráilers a primeira alumna en achegar neste curso o seu comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foi Eva Miguélez González, 3º ESO A, quen nos achega o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Antonio Seijas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). 


 

 

luns, 16 de xuño de 2025

Book tráiler (LV): Ons, de Carlos Meixide. Realizado por Icía Lagares Sanmiguel

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Ons, de Carlos Meixide (Autoedición. Sacauntos, 2015). Realización youtubeira: Icía Lagares Sanmiguel, 3º ESO B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)


 

domingo, 8 de xuño de 2025

Book tráiler (LIV): As alumnas, de Paula Carballeira. Realizado por Silvia Tejo Fernández

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro As alumnas, de Paula Carballeira (col. Teatro. Galaxia, 2023). Realización youtubeira: Silvia Tejo Fernández, 1º BACH. B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

Book tráiler (LIII): As alumnas, de Paula Carballeira. Realizado por Carla López Fandiño

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro As alumnas, de Paula Carballeira (col. Teatro. Galaxia, 2023). Realización youtubeira: Carla López Fandiño, 1º BACH. B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)


 

Book tráiler (LII): As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. Realizado por Cayetana Rey Dourado

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (col. Literaria. Galaxia, 2020). Realización youtubeira: Cayetana Rey Dourado, 1º BACH. B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 


 

Book tráiler (LI): As alumnas, de Paula Carballeira. Realizado por Cayetana Rey Dourado

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro As alumnas, de Paula Carballeira (col. Teatro. Galaxia, 2023). Realización youtubeira: Cayetana Rey Dourado, 1º BACH. B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 


 

Book tráiler (L): As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. Realizado por Iria Otero Nande

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (col. Literaria. Galaxia, 2020). Realización youtubeira: Iria Otero Nande, 1º BACH. B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 


 

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...