mércores, 4 de marzo de 2026

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, nas voces de Iria Otero Mareque e de Claudia Dorelle Albela

 

Iria Otero Mareque (1º BACH A) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz e na de Claudia Dorelle Albela. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.

(...) 

Cuarta parte de “Cantart'ei, Galicia...”, de Cantares Gallegos, na voz de Xoel Jubón Mogo

 

Xoel Jubón Mogo (3º ESO C) achéganos a gravación da cuarta parte de “Cantart'ei, Galicia...”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 IV.

Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu' asi mo pediron
Na veira do mare.

Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.

Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.

Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t' ei, Galicia,
Na veira das fontes.

Qu' asi mo pediron,
Qu' asi mo mandaron,
Que cant' e que cante
Na lengua qu' eu falo.

martes, 3 de marzo de 2026

Primeira parte de “¡Nin âs escuras!...”, de Follas Novas, na voz de Xoel Jubón Mogo

 

Xoel Jubón Mogo (3º ESO C) achéganos a gravación da primeira parte de “¡Nin âs escuras!...”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

¡Nin âs escuras!...

I

—Tod’está negro, as sombras envolven a vereda,

E nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua.

¡Vamos! D’o que hay oculto, ¿quen midéu as fonduras?

¡Alma n’habrá que sepa!... ¡ven!... a noit’está escura.

—¿Escura?... mais relumbra non sei que luz traidora...

—É un-ha estrela que brila, n’as auguas bulidoras.

—¿E non oyes que runxe algo ond’aquel herbal?

—É o vento que anda tolo, corrend’antr’a follax.

—Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto...

—¡S’é un vivo, matarémolo! non fala s’é difunto.

—Mais aquí ond’este cómaro, hay un-ha cova fonda,

Ven, e santos ou deños, que nos atopen ora.

luns, 2 de marzo de 2026

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Roi Lafuente Fraga

 

Roi Lafuente Fraga (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.

 (...)

Fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, de Cantares gallegos, na voz de Roi Lafuente Fraga

 

Roi Lafuente Fraga (1º BACH A) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, de Cantares gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Yerincer Hazael Gómez Valenzuela

 

Rubén Parrado Regueiro (1º BACH B) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Yerincer Hazael Gómez Valenzuela. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

            Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

            ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Santiago Navia Costa

 

Marcos Aldrey Martínez (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Santiago Navia Costa. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.


Ay! No meu corazonciño,

Xa non pode haber contento,

Qu’está de dolor ferido,

Qu’está de loito cuberto.

 

Morreu aquel qu’eu quería,

E, para min, n’hai consuelo,

Sólo hai para min, Castilla,

A mala lei que che teño.

 

Premita Dios, castellanos,

Castellanos que aborreso,

Que antes os gallegos morran,

Que ir a pedirvos sustento.

 

Póis tan mal corazon tendes

Secos fillos do deserto,

Que si amargo pan vos ganan

Dádesllo envolto en veneno.

(...) 

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...