LIBROS DO ABADE.
O andel de lecturas de Lingua e Literatura Galega do IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela).
Podes falar connosco no correo: librosdoabade@gmail.com
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2018). Realización youtubeira: Elia Villar Rodríguez, 3º ESO B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Elia Villar Rodríguez, 3º ESO B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cicuta para dous, de Rocío Leira (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2022). Realización youtubeira: Claudia Marzoa Míguez, 3º ESO A, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Europa Express, de Andrea Maceiras (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Daniela Dubra Ríos, 3º ESO A, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2022). Realización youtubeira: Carolina Mourelle Gómez, 3º ESO B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
Noel Fernández López (1º BACH A) achéganos a gravación da primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Hugo Pérez Anido.
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia
Campanas
de Bastabales, Cando vos oyo tocar, Mórrome
de soídades.
I.
Cando vos oyo
tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á
chorar.
——
Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por
min chamades,
E das entrañas me doyo.
——
Dóyome
de dor ferida,
Qu' antes tiña vida enteira,
Y oxe teño
media vida.
——
Solo media me deixaron
Os que d'
aló me trouxeron,
Os que d' aló me roubaron.
——
Non
me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay!
uns toliños amores.
——
Qu' os amores xa fuxiron,
As
soidades viñeron...
De pena me consumiron.
Noel Fernández López (1º BACH A) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de Alen López Rey.
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia
Cando
penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé
dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’
es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que
brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que
cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do
río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es
todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás
nunca,
sombra que sempre m’ asombras.