xoves, 27 de febreiro de 2025

“Alá, po-la alta noite”, de Follas Novas, na voz de Ismael Castiñeira

 

Tomás Chao Santos (1º BACH A) achéganos a gravación de “Alá, po-la alta noite”, de Follas Novas, na voz de Ismael Castiñeira. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

VIII

Alá, po-la alta noite,

 luz d’a triste e moribunda lámpara,

Ou antr’a negra oscuridad medosa,

O vello ve pantasmas.

Uns son árbores muchos, e sin follas,

Outros, fontes sin auguas,

Montes qu’a neve eternamente crube,

Ermos que nunca acaban.

Y o amañecer d’o dia

Cando c’a ultima estrela aqueles marchan

Outros veñen mais tristes e sañudos,

Pois a verdade amarga,

Escrita trân n’os apagados ollos

E n’as asienes calvas.

Non digás nunca, os mozos, que perdeches

A risoña esperanza,

D’o qu’a vivir começa sempr’é amiga:

¡Sô enemiga mortal de quen acaba!...


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...