xoves, 27 de febreiro de 2025

“Fun un domingo...”, de Cantares gallegos, na voz de Ismael Castiñeiras Núñez

 

Antonio Codesido Lorenzo (1º BACH B) achéganos a gravación de “Fun un domingo...”, de Cantares gallegos, na voz de Ismael Castiñeiras Núñez. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

[Fun un domingo...]

   Fun un domingo,
fun pola tarde,
co sol que baixa
tras dos pinares,
cas nubes brancas
sombra dos ánxeles,
cas palomiñas
que as alas baten
con un batido
manso e suave,
atravesando
vagos celaxes,
mundos estraños
que en raios parten
ricos tesouros
de ouro e diamante.
Pasín os montes,
montes e valles;
pasín llanuras
e soledades;
pasín os regos,
pasín os mares
cos pes enxoitos
e sin cansarme.

   Colléume a noite,
noite brillante
cunha luniña
feita de xaspes,
e fun con ela
camiño adiante,
cas estreliñas
para guiarme,
que aquel camiño
sólo elas saben.

   Dempóis a aurora
co seu sembrante
feito de rosas
veu a alumbrarme,
e vin estonces,
antre a romaxe
de olmos e pinos,
acobexarse
branca casiña
con palomare
donde as pombiñas
entran e saien.
Nela se escoitan
doces cantares,
nela garulan
mozos galantes
cas rapaciñas
de outros lugares.
Todo é contento,
todo é folgare
mentras a pedra
bate que bate,
mole que mole,
dálle que dálle,
con lindo gusto
faille compases.

   Non hai sitiño
que máis me agrade
que aquel muíño
dos castañares,
donde hai meniñas,
donde hai rapaces
que ricamente
saben loitare;
donde rechinan
hasta cansarse
mozos e vellos,
nenos e grandes,
e, anque non queren
que aló me baixe,
sin que o soupera
na casa naide,

fun ó muiño
do meu compadre;
fun polo vento,
vin polo aire.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...