xoves, 27 de febreiro de 2025

Primeira parte de “¡Nin âs escuras!...”, de Follas Novas, na voz de Patrick Nabbot Villar

 

Antonio Codesido Lorenzo (1º BACH B) achéganos a gravación da primeira parte de “¡Nin âs escuras!...”, de Follas Novas, na voz de Patrick Nabbot Villar. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 


¡Nin âs escuras!...

I

—Tod’está negro, as sombras envolven a vereda,

E nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua.

¡Vamos! D’o que hay oculto, ¿quen midéu as fonduras?

¡Alma n’habrá que sepa!... ¡ven!... a noit’está escura.

—¿Escura?... mais relumbra non sei que luz traidora...

—É un-ha estrela que brila, n’as auguas bulidoras.

—¿E non oyes que runxe algo ond’aquel herbal?

—É o vento que anda tolo, corrend’antr’a follax.

—Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto...

—¡S’é un vivo, matarémolo! non fala s’é difunto.

—Mais aquí ond’este cómaro, hay un-ha cova fonda,

Ven, e santos ou deños, que nos atopen ora.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...