luns, 10 de febreiro de 2025

“Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de Jimena Martínez Fernández

 

Jimena Martínez Fernández (3º ESO) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXXII): O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas. Realizado por Iago Lago Villanueva

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O lapis do carpinteiro , de Manuel Rivas ...