luns, 10 de febreiro de 2025

“¡Calade!”, de Follas Novas, na voz de Jesús Cambón Cabeza (90 anos)

 

Aroa Alcaide Cambón (3º ESO A) achéganos a gravación de “¡Calade!”, de Follas Novas, na voz de seu avó Jesús Cambón Cabeza (90 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

                        ¡Calade!

¡Hay n'as ribeiras verdes, hay n'as risoñas prayas

E n'os penedos ásperos, d'o noso inmenso mar,

Fadas d'estraño nome, d'encantos non sabidos

Que sô con nos comparten seu prácido folgar.

                        ______

Hay antr'a sombr'a amante d'as nosas carballeiras,

E d'as curtiñas frescas, no vívid'esprendor,

E n'o romor d'as fontes, espritos cariñosos

Que sÒ os qu'aquí naceron, lles dan falas d'amor.

                        ______

Y hay n'as montañas nosas, e n'estes nosos ceos

En canto aqui ten vida, en canto aqui ten ser,

Cores de brilo soave, de trasparencia húmida,

De vaguedad'incerta, qu'á nos só da pracer.

                        ______

Vos pois, os que naceches, n'a órela d'outros mares,

Que vos quentás á llama de vivos lumiares,

E só vivir vos compre, baix'un ardente sol;

Cala se n'entendedes encantos d'estos lares,

Cal n'entendend'os vosos, tamen calamos nos.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...