martes, 11 de febreiro de 2025

“Tembra un neno n'húmido pórtico”, de Follas Novas, na voz de Josefina Isabel Suárez Midón (80 anos)

 

Icía Lagares Sanmiguel (3º ESO B) achéganos a gravación de “Tembra un neno n'húmido pórtico”, de Follas Novas, na voz de súa avoa Josefina Isabel Suárez Midón (80 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

 

Tembra un neno n'húmido pórtico.

D'a fame e d'o frío

Ten o sello, o seu rostro de anxel,

Ind'hermoso mais mucho, e sin brillo.


Farrapento e descalzo, n'as pedras

Os probes peiños,

Que as xiadas d'o inverno lañaron,

Apousa indeciso.

Pois pare's que ll'os cortan coitelos

D'aceirados fios.


Coma can sin palleiro nin dono,

Que todos desprczan,

N'un corruncho s'esconde tembrando

D'a dura cscaleira.

E cal lirio se dobra ô secárese,

O inocente á dourada cabesa

Tamen dobra, esbaesido c'a fame,

E descansa c'o rostro n'as pedras.


E mentras qu'el dorme

Trist'imaxen' d'a dor y á miseria,

Van e vén ¡á adoraren o Altísimo!

Fariseyos, os grandes d'a terra,

Sin que o ver d'o inocente orfandade

Se calme d'os ricos

A sede avarienta.

O meu peito c'angustia s'oprime

¡Señor! ¡Dios d'o ceo!

¿Por qué hay almas tan negras e duras?

¿Por qué hay orfos n'a terra Dios boeno?


Mais n'en vano sellado está ó libro

D'os grandes misterios...

Pasa á groria, o poder y á alegría...

Todo pasa n'a terra. ¡Esperemos!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...