Elia Requeijo Gómez (3º ESO B) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na súa propia voz.
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia
Un-ha vez tiven un cravo
Cravado no corazón,
Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,
D'ouro, de ferro, ou d'amor.
Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,
Que tanto m'atormentou,
Qu'eu dia e noite sin cesar choraba
Cal chorou Madanela n'a pasión.
—Señor, que todo ó podedes,
Pedinlle un-ha vez á Dios,
Daime valor par'arrincar d'un golpe
Cravo de tal condición.
E doumo Dios e arrinqueino,
Mais... ¿quen pensara?... Despois
Xa non sentin mais tormentos
Nin soupen qu'era delor;
Soupen sô, que non sei que me faltaba
En donde o cravo faltou,
E seica, seica tiven soidades
D'aquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal qu’envolve o esprito
¡Quen-o entenderá, Señor!...
Ningún comentario:
Publicar un comentario