venres, 21 de febreiro de 2025

Fragmento do poema “Quíxente tanto, meniña”, Cantares Gallegos, na voz de Pablo Domínguez López (9 anos)

 

Natalia Domínguez López (3º ESO A) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Quíxente tanto, meniña”, Cantares Gallegos, na voz de seu irmán Pablo (9 anos) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

[Quíxente tanto, meniña...]

«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;


augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito,

vida do meu corazón».


Así che falín un día

camiñiño de San Lois,

todo oprimido de angustia,

todo ardente de pasión,


mentras que ti me escoitabas

depinicando unha frol,

porque eu non vise os teus ollos

que refrexaban traiciós.


Dempois que si me dixeches,

en proba de teu amor

décheme un caraveliño

que gardín no corazón.


¡Negro caravel maldito,

que me fireu de dolor!

Mais a pasar polo río,

¡o caravel afondou!...


Tan bo camiño ti leves

como o caravel levou.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...