venres, 21 de febreiro de 2025

Fragmento do poema “As de cantar”, Cantares Gallegos, na voz de Natalia Domínguez López

 

Natalia Domínguez López (3º ESO A) achéganos a gravación dun fragmento do poema “As de cantar”, Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

(...)

Lugar mais hermoso
No mundo n' hachara,
Qu' aquel de Galicia,
Galicia encantada!

Galicia frorida,
Cal ela ningunha,
De froles cuberta,
Cuberta de espumas.

D' espumas qu' o mare
Con pelras gomita,
De froles que nacen
A ó pé das fontiñas.

De valles tan fondos,
Tan verdes, tan frescos,
Qu' as penas se calman
No mais que con velos.

Qu' os anxeles neles
Dormidos se quedan,
Xa en forma de pombas,
Xa en forma de niebras.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....