María Mato Salgueiro (4º ESO Oratoria) achéganos a gravación de primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na súa propia voz.
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia
Adios
ríos, adios fontes
Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.
Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña d' o meu contento.
Muhiño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
D' a igrexiña d' o lugar.
Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios para sempr' adios!
Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Ningún comentario:
Publicar un comentario