xoves, 20 de febreiro de 2025

“¿Porqué?”, de Follas Novas, na voz de Elisa Pereira Lojo

 

Lucas Noya Pereira (3º ESO B) achéganos a gravación de “¿Porqué?”, de Follas Novas, na voz de súa nai Elisa Pereira Lojo. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

 

¿Porqué?


—¡Escoita! os algoasiles

Andan correndo á aldea,

Mais, ¿como pagar, como, s'un non pode,

lnda pagá-I-a renda?


Embargarannos todo, que non teñen

Esas entes concencia, nin tên alma,

¡Quedaremos por portas!

¡Meus fillos d'as entrañas!


¡Mala morte vos mate

Antes de que aqui entredes!...

D'os probes, ô sentirvos,

Os corazós, cal baten tristemente!


Maria, se non fora

Porque hay un Dios que premia e que castiga,

Eu matara eses homes

Como mata un raposo á un-ha galiña.


¡Silencio! ¡Non brasfemes,

Qu'este é un valle de lágrimas!...

¿Mais porque á algúns lles toca sufrir tanto

Y outros á vida antre contentos pasan?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...