domingo, 16 de febreiro de 2025

Fragmentos de “Cantart'ei, Galicia...”, de Cantares Gallegos, nas voces de Jimena Martínez Fernández, do seu curmán Pablo (13 anos, Zamora), do seu tío Sergio (50 anos, Zamora), da súa curmá Berta (34 anos, Madrid) e da súa curmá Andrea (26 anos, Mallorca)

 

Jimena Martínez Fernández (3º ESO A) achéganos a gravación de fragmentos de “Cantart'ei, Galicia...”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz e nas voces do seu curmán Pablo (13 anos, Zamora), do seu tío Sergio (50 anos, Zamora), da súa curmá Berta (34 anos, Madrid) e da súa curmá Andrea (26 anos, Mallorca) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

IV.

Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu' asi mo pediron
Na veira do mare.

Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.

Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.

Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t' ei, Galicia,
Na veira das fontes.

Qu' asi mo pediron,
Qu' asi mo mandaron,
Que cant' e que cante
Na lengua qu' eu falo.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...