Candela Codesido Losada (3º ESO B) achéganos a gravación da terceira parte de “Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?”, de Follas Novas, na súa propia voz.
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia
Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?
Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?
Pero
quisais moy logo,
Viranme á despertar, y en vez d' un
vivo,
Atoparán un morto.
—
O rededor de min,
levantaranse
Xemidos dolorosos,
Ayes d'angustia, choros
d'os meus fillos,
D'os meus filliños orfos.
—
Y eu
sin calor, sin movemento, fria,
Muda, insensibre á todo,
Así
estarei cal me deixare á morte
O helarme c'o seu sopro.
—
E
para sempre ¡Adios, cant'eu queria!
¡Que terrible
abandono!
Antre cantos sarcasmos,
Hay, ha d'haber, e
houvo,
Non vin ningun qu'abata mais os vivos,
Qu'ó d'a
humilde quietú d'un corpo morto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario