luns, 24 de febreiro de 2025

Primeira parte do poema “O toque d'alba”, de Follas Novas, na voz de Malak Erbiti El Hamsas

 

Malak Erbiti El Hamsas (3º ESO A) achéganos a gravación da primeira parte do poema “O toque d'alba”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

O toque d'alba

Da catedral campana
grave, triste e sonora,
cando ó raiar do día
o toque de alba tocas,
no espazo solencioso
soando malencónica
as túas bataladas
non sei qué despertares me recordan.

Foron algúns tan puros
como o fulgor da aurora,
outros cal a esperenza
que o namorado soña,
i á derradeira inquietos,
mitá luz, mitá sombras,
mitá un pracer sin nome,
e mitá unha sorpresa aterradora.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...